A Selección Galega de Loitas Olímpicas parte este xoves cara o CAMPIONATO DE ESPAÑA Sénior e Cadete
A localidade de San Javier (Murcia), acolle este fin de semana o Campionato de España de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete, tanto de loita masculina como de feminina. Durante os días 10, 11 e 12 a selección Galega tratará de revalidar os títulos obtidos durante o ano pasado.
Galicia parte como favorita en tódalas modalidades en liza: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina. Cunha expedición con 50 integrantes, é unha das comunidades con maior representación deportiva neste campionato.
Temos que ter en conta, que unha das categorías mais disputadas vai a ser a absoluta, que conformará o equipo nacional para participar no Cto. De Europa e torneos preolímpicos da modalidade. Neste apartado temos que facer mención especial os deportistas Jose Cuba (120kg) e Jose Luis Puentes (84kg), ambos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, así como a Eder Villanueva (96kg) do Club Castro de Vigo, todos eles convocados coa selección Española durante o ano 2011 e 2012. Tampouco podemos esquecer o resto dos integrantes de esta selección absoluta, todos eles con gran proxección nacional e internacional.
O equipo feminino, liderado en maior medida polas deportistas do Club San Ignacio de Vigo, tratarán de subirse o podio nacional por clubs, algo impensable tan só fai un par de anos.
En canto a categoría cadete, as esperanzas de obter bos resultados son moi altas, xa que a base de este equipo fórmana o grupo de adestramento do CGTD de Pontevedra, onde os deportistas permanecen concentrados todo o ano.
Por último sinalar que na mañá do domingo, terá lugar o Campionato de España Universitario, competición na que acudirán 3 representantes da Universidade de Vigo, quedando Miguel Masciopinto, actual campión de España Universitario en 66kg, na casa por unha lesión de xeonllo.





Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), acaba de recibir a súa primeira convocatoria co equipo preolímpico. Do 23 de Xaneiro o 2 de Febreiro permanecerá concentrado na cidade Búlgara de Sofía, para competir no prestixioso “Torneo Internacional Dan Kolov” do 2 o 5 de Febreiro de 2012.

