2º POSTO para Galicia no Cto. Internacional de Grappling San Isidro de Madrid

Este pasado domingo 23 de Outubro, tivo lugar o “Campeonato internacional Absoluto de Grappling”, no “Polideportivo del Complejo Ciudad Escolar de Madrid”, organizado pola “Federación Madrileña de Luchas Olímpicas”.

A representación Galega correu a cargo do Club Graiño Team de A Coruña, que desprazou a 4 deportistas e o adestrador Luis Pardo, para dirixir os seus pupilos.

Da man do Club de Grappling Graiño Team de A Coruña acadáronse 4 preseas: 1 ouro, 1 prata e 2 bronces. Excelente comezo de tempada do Grappling Galego.

momento-combate-grappling

Os resultados acadados neste primeiro campionato de principio de tempada, foron realmente satisfactorios, xa que as preseas foron para:

  • Carlos Villar: Ouro en menos de 70kg.
  • Jesús del Rio: Prata en menos de 75kg.
  • Hugo Filipe Alves: Bronce en menos de80kg.
  • Miguel Chouzas: Bronce en menos de 90kg.

Galicia: 2º posto por Comunidades Autónomas.

O bo resultado é froito do traballo desenrolado polos responsables do club, que ano a ano están a acadar mellores resultados a nivel nacional. Parte desta responsabilidade recae no adestrador David Graiño, quen dirixe na cidade de A Coruña a un numeroso grupo de traballo.

Felicidades a todos eles.

Radio Marca entrevista a Eder Villanueva

Este luns 17 de Outubro, a emisora de difusión nacional Radio Marca, especialista  no ámbito deportivo, entrevistou as 23:30 horas ó noso ben coñecido loitador Eder Villanueva González. Dende que no pasado mes de Marzo proclamouse campión de España na categoría de 96 Kg, son numerosos os medios que se interesan por Eder e polas loitas olímpica, o que supón unha motivación extra tanto para Eder coma para o resto de loitadores galegos.

É unha honra que un medio tan importante no ámbito deportivo como Radio Marca entreviste a un loitador galego, polo que esperamos que, nun futuro próximo, podamos desfrutar de mais entrevistas desta índole.

A continuación, podedes desfrutar da entrevista na súa totalidade:

Liga Nacional de Clubs de Loitas Olímpicas 2011

No seguinte link podedes descargar toda a información, proporcionada pola FELODA, referente á Liga Nacional de Clubs de Loitas Olímpicas deste ano 2011.

Asimesmo, informamos de que o Regulamento Xeral, o Formulario de Inscripción e de Contacto, a solicitude da Tarxeta Específica e a Autorización de Cesión de Loitadores poden descargarse no siguiente link:

http://www.felucha.com/index.php?option=com_remository&Itemid=36&func=select&id=1

O Campionato das Sorpresas. España Pobre Bagaxe de Resultados

Rematou o Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas en Istambul (Turquía), onde os loitadores Galegos, Jose Cuba (120kg) e Eder Villanueva (96kg), non tiveron sorte nos cruces de clasificación.

O equipo nacional de Loitas Olímpicas, que rematou a súa participación no Campionato do Mundo de Istambul (Turquía), non tivo unha competición doada. Nun campionato no que a loita polas medallas da acceso directo os XXOO de Londres 2012, tan só 6 deportistas por categoría de peso acadaron este obxectivo, moitos foron os deportistas que terán que buscar o pase Olímpico nas seguintes competicións.

cto-mundo-loita

No caso do loitador Vilalbés Jose Cuba, tivo que enfrontarse no primeiro combate contra o loitador Uzbeko: Artur Taymasov, actual campión do Mundo e Olímpico, quen fixo valer o seu estado de forma para gañar 7-0 e 5-0, pasando a seguinte rolda. De este xeito Jose Cuba, agardaba que o loitador Uzbeko chegase a final para loitar pola repesca, pero non foi así, e a postre nin sequera Taymasov loitou polas medallas. Rematando deste xeito tan ingrato a participación de Jose Cuba, con un 30º posto que non reflicte o seu nivel mundial.

No caso do loitador Vigués Eder Villanueva, a sorte tamén lle foi esquiva, enfrontándose o loitador Iraní: Reza Alí Yazdani, quen a postre se convertería no actual campión do mundo 2011. Eder foi quen de remontarlle un primeiro asalto cunha espectacular acción de 3 puntos, pero o Iraní non cedeu no final do asalto e encamiñou a súa marcha cara o ouro final, o que lle abriu as portas das repescas polas medallas a Eder. No primeiro combate das repescas, tivo que enfrontarse o Húngaro Gergely Sandor Kiss , nun combate duro acabou cedendo por un 5 - 0, 5 - 0. Eder tan só puido clasificarse no posto 33º, moi alonxado dos mellores do seu peso.

Dous Galegos na Cita mais Importante do Ano: ESTAMBUL, Sede do Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas

O longo camiño ata os XXOO de Londres 2012, pasa pola peaxe de Istambul (Turquía) do 14 o 19 de Setembro, sede do campionato do Mundo de Loitas Olímpicas, que é clasificatorio directo para os mesmos. Jose Cuba en menos de 120 kg e Eder Villanueva en menos de 96kg serán os nosos representantes.

eder-e-jose-cuba

O deportista Vilalbés, Jose Cuba (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), e o Vigués Eder Villanueva (Club de Loita “El Castro” de Vigo), serán os únicos deportistas Galegos con opcións directas de clasificarse para os XXOO do 2012. Ambos deportistas parten mañá cara a Istambul para medir o seu nivel no campionato mais duro da tempada.

No caso de Jose Cuba, tras pasar mais da metade deste ano adestrándose concentrado no estranxeiro, reúne tódolos requisitos para facer un bo concurso. Como en tódalas competicións nas que participa, o sorteo no que se decide a orde de participación dos deportistas será clave para amosar tódala súa valía.

eder_villanueva_rojo

No caso de Eder Villanueva, este é o primeiro ano no que está a competir no circuíto internacional, asentado na categoría de menos de 96kg. A súa participación neste Campionato do Mundo ten que sufragala na súa totalidade o seu club de orixe, o Club Castro de Vigo, xa que a Federación Española tan só tiña previsto desprazar a 4 dos 7 deportistas que integran o equipo nacional.

Esta é a primeira cita dun longo percorrido. Se calquera dos deportistas logra loitar polas medallas, ten asegurado a súa presenza en Londres 2012.

Agardámoslles a mellor das sortes de cara a este novo reto.

Nicolás Castro : O Único Técnico Galego no Mundial de Loitas Olímpicas

O técnico galego, Nicolás Castro, asistirá o Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas, que terá lugar na cidade Turca de Istambul, do 14 o 19 de Setembro.

nicolas_castroNicolás Castro, asistirá o Campionato do Mundo para apoiar en primeira persoa os dous loitadores Galegos, que asisten o mundial. Foi invitado pola Federación Española e polo Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, para asistir o evento mais importante do ano, como unha extensión mais da preparación de Jose Cuba. Deste tipo de seguimento, tamén se beneficiará o loitador Vigués Eder Villanueva quen forma o dúo Galego no mundial de Turquía.

A Federación Galega de Loita segue coa súa política de colaboración directa coa Federación Española, tras asistir invitado o técnico Galego, a pasada concentración internacional no mes de Xullo, no CAR de Madrid.

Nicolás Castro tratará de aportar a súa experiencia como deportista e como adestrador para facilitar o traballo dos deportistas durante a competición.

O recoñecemento dos técnicos Galegos a nivel internacional está a acadar unha relevancia de primeiro nivel, sendo solicitada a presenza dos mesmos nas actividades mais importantes do equipo nacional.

Comezo do curso 2011/2012 no CGTD de Pontevedra

O próximo xoves 15 de Septembo ás 10:00 horas comeza o curso no CGTD (Centro Galego de Tecnificación Deportiva). Recordamos a tódolos deportistas que leven a equipación da selección galega (chándal, camiseta, etc …).

Podedes consultar o programa detallado do inicio de curso no seguinte link:

Diferente Preparación para un Mesmo Obxetivo

Os deportistas Jose Cuba (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Eder Villanueva (Club Castro de Vigo), preparan o mesmo obxectivo desde diferentes cidades.

Coa ollada posta no mundial de Setembro, o deportista Vilalbés Jose Cuba, partiu cara a Ukrania, onde permanecerá concentrado durante 15 días para afinar a súa preparación para a gran cita Turca de Estambul en Setembro.

Pola contra, o deportista Vigués Eder Villanueva, está convocado para asistir a concentración co equipo nacional de Roma (Italia), durante 10 días. Pero  a mala sorte, afastouno de esta cita. Tralas últimas concentracións de Madrid e Polonia, resíntese duna lesión na zona cervical, que non lle impedirá participar no Campionato do Mundo de Turquía. Pero estas semanas continuará a súa recuperación e adestramentos na cidade Olívica.

Ambos deportistas afrontan este reto desde dúas cidades moi alonxadas pero cun mesmo obxectivo.

Estas últimas semanas de preparación, son claves para as opcións de ambos deportistas.

Agardámoslles as mellores das sortes.

Inxuto Froito a Meses de Traballo: JOSE CUBA e EDER VILLANUEVA Eliminados en Primeira Rolda

Con moita carga de traballo, os loitadores Galegos participaron convocados coa Selección Nacional en Poznan (Polonia), nun dos torneos internacionais mais importantes a estas alturas do calendario, cun inxusto resultado que non amosa todo o traballo que levan as costas.

jose-cuba-azul-4

Os equipos españois de loita libre e loita feminina se atopan na cidade polaca de Poznan para desputar os prestixiosos torneos internacionais de loitas olímpicas que cada verán reúnen aos mellores equipos do momento. O equipo masculino participou no Memorial Ziolkowski cunha selección case ao completo na que só faltou o representante de menos de 66kg.

Os galegos José Cuba (120kg) e Eder Villanueva (96kg) non tiveron moitas oportunidades de medalla ao caer en primeira rolda ante o búlgaro Nikolay Chterev e o georgiano Elizbar Odikadze respectivamente.

eder-villanueva-azul

Jose Cuba estivo preto de pasar á seguinte rolda ao desputar un combate moi axustado co representante búlgaro no que perdeu 1-0 no primeiro asalto e cun segundo asalto que tivo que decidirse no clinch para romper o empate. No caso de Eder Villanueva, a súa adaptación o novo peso de competición está a pasarlle unha factura moi cara, porque aínda non se atopa cómodo nesta nova categoría. Tivo que subir 8 kg de peso, cun traballo específico de musculación, e aínda non está asentado na categoría de 96 kg.

Destacar a actuación do balear Francisco Sánchez que acadou o 5º posto ao perder o bronce ante o estadounidense Troy Nickerson. Antes vencera na repesca ao británico Krasimir Krastanov.

Esta foi a última cita intenacional antes do mundial de Setembro, primeira proba clasificatoria para os Xogos de Londres 2012.

eder-cuba-polonia

2 GALEGOS Loitarán esta Fin de Semana en Poznan (Polonia)

Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Eder Villanueva González (Club Castro de Vigo), participan este fin de semana coa Selección Nacional de Loita Libre Olímpica no “Torneo Internacional Ziolkowski”.

A longa tempada que están a levar a cabo os deportistas Galegos, apunta este fin de semana cara a Polonia. A cidade de Poznan, acolle o Torneo Internacional Ziolkowski, que forma parte da intensa preparación de ámbolos dous deportistas.

jose-cuba-azul

Este sábado e domingo, tanto en xornada de mañá como de tarde mais de 350 deportistas loitarán polas 28 preseas en xogo, e por medir as súas posibilidades reais de cara o mundial de Istambul (Turquía).

O torneo Ziolkoswki, é unha das competicións con maior tradición Europea, xa que nesta época estival, previa o mundial, tódolos adestradores e deportistas están a procura de torneos de nivel para avaliar o nivel competitivo dos mesmos.

edervillanueva

Tras o intenso fin de semana, permanecerán 8 días concentrados con outros 15 países, para aproveitar esta longa viaxe. Quizais, estas concentracións, onde teñen a posibilidade de adestrarse cunha variedade de sparrings que no teñen nos seus clubs de orixe, facilita a consecución da forma deportiva que precisan para a seguinte cita en Italia.