As Actividades de Promoción das Loitas Olímpicas no programa Cancha Júnior da TVG2
Para ós que no puidechedes desfrutar en directo do programa Cancha Júnior, da TVG2, podedes facelo agora no seguinte vídeo.
Estas actividades de promoción, só na provincia de Coruña, chegaron a mais de 20 centros educativos, cun total de 8.000 nenos e nenas como participantes directos da actividade.
A partir do minuto 10 podedes ver a reportaxe.
Cancha Junior 4 de Diciembre 2011 from Meiga Audiovisual on Vimeo.
31º Trofeo Aniversario San Ignacio de Vigo de Loitas Olímpicas
Este próximo sábado 3 de Decembro, terá lugar no pavillón municipal de Teis (Vigo), o 31º Trofeo Aniversario San Ignacio de Vigo de Loitas Olímpicas. Onde a promoción do deporte de base terá unha especial relevancia, neste evento organizado por un dos clubs con mais tradición deportiva de Galicia, o Club San Ignacio de Vigo.
En xornada de tarde, no pavillón municipal de Teis, dende as 16:00 horas ata as 20:30 horas, desenrolarase esta competición deportiva con gran tradición no Concello de Vigo. Cunha lista de 8 equipos invitados, con mais de 80 deportistas inscritos para o evento, a competición desenrolarase en 3 tapices oficiais de loitas olímpicas.

O deporte feminino terá un lugar moi especial nesta competición, xa que o equipo feminino escolar e cadete do Club San Ignacio de Vigo, acadou o 1º e 2º posto nos Campionatos de España por clubs na categoría feminina. O continuo traballo coas categorías base e co deporte feminino, son as credenciais do adestrador Eladio Bello Columna, quen leva mais de unha década o fronte desta entidade. Froito do seu traballo son os innumerables éxitos na loita feminina a nivel nacional, sendo o seu club un referente no podio nacional.
Moitas son as empresas e entidades que fan posible este campionato, no que con un presuposto axustado, atenden a tódalas categorías deportivas. Moitas gracias a todas elas pola sua colaboración.
Curso de arbitraxe en Novembro 2011

Dende a Federación Galega de Loita e D.A. queremos informarvos do vindeiro curso de arbitraxe, que se vai a celebrar nas instalacións do CGTD de Pontevedra o día 26 de Novembro do 2011.
O curso está orientado á formación de novos árbitros e xuíces nas disciplinas de Loitas Olímpicas e Grappling.
Ademais, o curso é obrigatorio para os árbitros que queren ascender de categoría a nivel nacional xa que está homologado polo Colexio Nacional de Arbitraxe.
Nos seguintes links pódese consultar toda a información necesaria relativa ó curso :
Curso Entrenador Nacional de: Luchas Olímpicas, Tradicional y Grappling
Con el fin de facilitar el acceso a la formación deportiva de todos los deportistas y entrenadores que se dedican de forma activa a la enseñanza, en el siguiente links se puede consultar el calendario definitivo de los cursos de Entrenador Nacional nivel 1 y 2, que tendran lugar en el CGTD de Pontevedra.
Hemos ampliado el número de días para adecuarnos a la carga lectiva de la legislación vigente en formación RD 1363/2007 del 24 de Octubre (BOE del 08/11/2007) y de ORDEN EDU/3186/2010 del 7 de Diciembre (BOE del 11/12/2010), por lo que adjuntamos parte del horario y profesorado de cada materia.
Recordaros, que el curso comienza este sábado día 19 de Noviembre de 2011 a partir de las 10:00 horas, con la materia de GRAPPLING (para todos los matriculados en el curso de Nivel 1 y para los que quieran acceder al curso de Nivel 2), con el Seleccionador Nacional de Grappling Antonio García Morales.
La presentación del curso se realizará a media mañana, en la que se organizará el resto de los días del curso, podreis exponer vuestras dudas o las aclaraciones que considereis oportunas.
A partir del próximo año 2012 (Marzo), está previsto que se modifiquen las enseñanzas deportivas del PERIODO TRANSITORIO, por lo que aumentará la dificultad para obtener dichas titulaciones. Por ello, os animamos a todos a continuar con vuestra formación deportiva.
Éxito de Participación na “1ª Copa DEPUTACIÓN DE OURENSE de LOITAS OLÍMPICAS”, nas Categorías Base
O Pavillón dos Remedios de Ourense, acolleu este pasado sábado día 12 de Novembro a “1ª COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE DE LOITAS OLÍMPICAS”, cunha participación de preto de 60 deportistas de entre 6 e 13 anos.
A cidade das Burgas, foi o escenario escollido para abrir esta nova etapa de probas deportivas de Loitas Olímpicas na Provincia de Ourense, organizada pola Federación Galega de Loita e D.A. en colaboración co Club Atila de Ourense, así como coa axuda da Exc. Deputación de Ourense, da Concellería de Deportes do Concello de Ourense e tamén colaboran de xeito activo de BEGANO e Telepizza.

O éxito desta primeira actividade foi a afluencia de deportistas, dos pais e nais, que se achegaron para disfrutar co traballo dos mais novos.
Nesta primeira ocasión, a actividade prolongouse, para levar a cabo unha “Xornada de Tecnificación Deportiva”, onde podemos destacar a presenza dos clubs: Atila de Ourense, Keltoi de Vila de Cruces, Escola Ayude de Melide, Club Stellae de Santiago de Compostela, Club de Loita Lugo, Club Coliseum de Rábade e Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.

Este tipo de actividades por equipos, forma parte activa da campaña de promoción deportiva, que dende a Federación Galega de Loita e D.A. estase a levar a cabo en toda Galicia.
Os Clubs Galegos Acadan a Maior Parte das Medallas no Internacional de Braga de Loitas Olímpicas
O Pavillón de Tibaes (Martim, Portugal), foi o espectador de excepción da actuación dos deportistas Galegos, que acudiron o Torneo Internacional de Braga de Loitas Olímpicas, este pasado sábado día 5 de Novembro.
Os 5 Clubs Galegos que acudiron o evento, acadaron a maior parte das preseas postas en xogo, neste torneo internacional. A maior dificultade desta proba, é que se reduce nas categorías cadete, júnior e sénior a modalidade de Loita Grecorromana, onde os deportistas Portugueses son uns claros especialistas.
P
ero a tradición non manda, e as estatísticas están para rachalas e dar un novo senso o deporte, iso foi o que se respirou durante as 5 horas de competición, onde os clubs Galegos, deron a volta ás expectativas.
Nas categorías base: Alevín, Benxamín e Escolar, os claros dominadores foron:
- Club San Ignacio de Vigo: con 4 Ouros e 2 pratas. Destacando a maiores as 2 medallas de ouro acadadas polas deportistas femininas: Sara Lago e Verónica Pérez.
- Club Kuzushi de Vigo: 5 medallas de ouro 4 de prata, destacando con diferenza Iván González Muñiz, deportista becado no CGTD de Pontevedra, que acadou un traballado 1º posto.
- Club Ciudad de Vigo: cunha ampla representación das categorías base, acadou 4 ouros, 8 bronces.
- Club Castro de Vigo: destacou sobre tódolos deportistas Eder Villanueva, acadando unha medalla de prata, cando tivo que retirarse da final por unha lesión nos intercostais, cando ía gañando a final da súa categoría.
- Club de Loita Pontevedra: que acadou un total de 6 medallas na categoría feminina, e 5 medallas na categoría masculina. Destacando sobre tódolos deportistas Pablo García, especialista en Loita Grecorromana, ganando tódolos seus combates por superioridade técnica, sendo o deportista mais destacado da competición. Pablo continúa cos seus adestramentos no CGTD de Pontevedra.
A próxima actividade terá lugar no Pavillón dos Remedios no Concello de Ourense, o 12 de Novembro en xornada de mañá. Actividade orientada as categorías base das loitas olímpicas.
Éxito de Participación en la 1ª Copa Diputación De La Coruña de las Categorías Base de Luchas Olímpicas
Este pasado sábado día 5 de noviembre tuvo lugar la 1º copa Diputación de Coruña de Loitas Olímpicas en Melide. En ella se dieron cita ocho clubs de toda Galicia y se reunieron 90 luchadores pertenecientes a las categorías base.

La escuela Ayude de Melide, se alzó con el trofeo de Campeón por Clubs en esta primera edición y además la deportista Cora Ayude recibió el trofeo a la mejor deportista femenina del torneo. El trofeo al mejor deportista masculino se fue para Vladislav Zernov del Club Stellae de Santiago de Compostela.
Los resultados globales fueron:
1º Escuela Ayude de Melide, 2º Club Keltoi de Vila de Cruces, 3º Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, 4º Club Stellae de Santiago de Compostela, 5º Club Touro de Loitas Olímpicas, 6º Club Kuzushi, 7º Club Castro de Vigo, 8º Club de Loita Lugo.

Cabe resaltar que en este evento se reunió la plana mayor de la Loita Galega, estando presentes figuras como Nicolás Castro, Pablo Pintos y Ramón García, todos ellos varias veces campeones de España y siendo los responsables técnicos de la Federación Gallega de Lucha, como del Centro Gallego de Tecnificacion Deportiva de Pontevedra. Sorprendió a todos los presentes la calidad técnica de los luchadores más jóvenes del torneo, viéndolos como futuras promesas de este deporte y que seguirán la estela de Jose Cuba Vázquez, miembro indiscutible de la selección Española de lucha y miembro del equipo preolimpico que acompañó a su equipo, el Club de Loitas Olímpicas de Vilaba, que también estuvo presente en la cita.
Los miembros del gobierno local de Melide, en manos de su alcaldesa Anxeles Vazquez Y Dolores Gómez, Concejala de deportes, acompañaron durante la entrega de trofeos y medallas.
La próxima cita será el 12 de noviembre en la 1ª Copa Deputación de Ourense de loitas olímpicas en el pabellón de los Remedios.
Solicitude de recoñecemento de Deportista Galego de Alto Nivel
Estimados amigos, nos seguintes links pódense descargar os documentos necesarios para que tódolos deportistas que o dexesen soliciten o recoñecemento de DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel). O recoñecemento por parte da administración dos deportistas como DGAN, abrelles a posibilidade a ditos deportistas de:
- Recibir axudas económicas por parte da administración.
- Acceder á Universidade polo cupo de DGAN.
¿Quen ten que solicitar este recoñecemento?
De acordo coas bases:
- Tódolos deportistas que como mínimo sexan 1º ou 2º de España nas categorías SÉNIOR e JÚNIOR.
- Ós que lle finalice o periodo de 3 anos de recoñecemento do que desfrutaron e que cumplan cos resultados solicitados.
O prazo para entregar o anexo de solicitude é dende o 1 ata o 30 de Novembro de 2011.
Información e documentación necesarios para a solicitude :
Cursos de Adestrador Niveis I e II 2011
No seguinte enlace pódese descargar a información referente os cursos de adestrador de nivel I e II que se ofertan este ano e que van a ter lugar nos próximos meses no CGTD de Pontevedra:



