XORNADA TÉCNICA DE ACTUALIZACIÓN PARA ADESTRADORES DE LOITAS OLÍMPICAS
Setembro 23, 2009 – 10:58 amVENRES 2 DE OUTUBRO DE 2009 DE 16:30h. a 20:00 h
SALA DE LOITA DO CGTD DE PONTEVEDRA
Os adestradores de loitas olímpicas temos unha oportunidade única de actualizar os nosos coñecementos da man de dúas das figuras internacionais máis importantes no mundo da loita.
Os acerbaianos Namik Abdullaev (Campión Olímpico) e Arif Abdullaev (Campión do Mundo), impartirán unha xornada técnica de loitas olímpicas nas instalacións de loita do CGTD de Pontevedra o próximo Venres 2 de Outubro de 16:30 a 20:00 horas.
Ambolos dous adestradores forman parte do grupo de seleccionadores de Acerbaián das categorías Junior. Recordar que Acerbaian é a actual Campiona da Copa do Mundo, polo que será unha boa oportunidade de coñecer en profundidade as novidades técnicas que se están a dar no alto rendemento deportivo.
Ademais, os acerbaianos estarán acompañados de Alexander Katchalaev actual seleccionador galego que fará tamén de traducctor ao castelán e Alfredo Marcuño, director da ESGALO (Escola Galega de Adestradores de Loitas).
A participación é gratuíta e o prazo de inscrición remata o próximo Mércores 30 de Setembro. Poden participar tódolos adestradores que teñan licenza en vigor por calquera federación territorial de loita do estado español e de calquera disciplina deportiva asociada ás federacións de loitas olímpicas.
O límite de prazas é de 25, polo que terán prioridade as licenzas expedidas pola FGLeDA e pertencentes ás modalidades olímpicas.
As inscricións faranse por correo electrónico mediante o impreso adxunto para garantir o correcto orde de inscrición no caso de excederse o número de interesados.
Pincha no seguinte enlace para descargar o modelo de inscrición: Modelo de Inscrición
Arif Abdullaev: foi campión do mundo de libre olímpica no 2003 na categoría de menos de 60 kg. É licenciado en Educación Física na especialidade de adestrador de loitas olímpicas e desempeña o seu cargo como selecionador Junior de Acerbaián. Varios dos seus alumnos son campións de europa e do mundo.
Esta é a segunda vez que visita Galicia e xa ten convidado a deportistas galegos a adestrar en Acerbaián. Eliseo Permuy e Luís Garnil prepararon a súa participación no mundial Junior en Acerbaián baixo o seu mando.
Namik Abdullaev: Campión Olímpico en Sidnei 2000 e Subcampión en Atlanta 96, tamén foi varia veces Campión de Europa e medallista nos mundiais.
Está considerado un dos mellores libristas da historia, e hai pouco, trala noticia da súa retirada deportiva, recibiu os máis altos distintivos como deportista nunha homenaxe celebrada pola FILA e na que participaron os máis altos mandatarios do governo acerbaiano.
É a primeira vez que visita Galicia aínda que non será a derradeira xa que a súa amizade co Selecionador galego Alexander Katchalev xerminou un vinculo afectivo coa nosa terra.
