Vilalba 2009- 2ª Xornada da Liga Alevín de Competición Deportiva en Idade Escolar da Dirección Xeral para o Deporte
Xuño 3, 2009 – 10:51 am
O 23 de Maio tivo lugar en Vilalba a 2ª Xornada da Liga Alevín. Nela participaron máis de 150 loitadores de clubes de toda Galicia aínda que a asistencia de público non foi a de Baiona. A clasificación final dos equipos nesta xornada foi a seguinte:
- Ayude de Melide ( 110 ptos).
- Vilalba (92 ptos).
- Kuzushi de Vigo (82 ptos).
- Sabarís de Baiona (75 ptos).
- Castro de Vigo (71 ptos).
- Keltoi de Vila de Cruces (56 ptos).
- Pontevedra (42 ptos9.
- Cidade de Vigo (39 ptos).
- San Ignacio de Vigo (38 ptos).
- Stellae de Santiago (30 ptos).
Queremos agradecer a colaboración do Concello de Vilalba que agasallou a tódolos participantes con camisetas e material informativo desta preciosa vila. Entre os participantes e público asistente sorteuse unha consola Wii Sport que o concelleiro de deportes Jesús Bermúdez entregou ao gañador.
A xornada final terá lugar o próximo 6 de Xuño en Melide e de aquí sairá o vencedor desta concurrida competición.