VIII Open San Ignacio

Xuño 3, 2009 – 11:11 am

O pavillón municipal de Teis foi testigo dun dos torneos máis representativos da nosa comunidade. O Open San Ignacio, que nesta 8ª edición contou coa presenza de moitos dos equipos galegos e portugueses, así como cunha representación da selección española feminina.

Ao acto, que se enmarcou na presentación do libro Historia da Loita en Galicia de Eladio Bello, tamén acudiron o Ilmo. Sr. Presidente da Federación Española D. Angel López Rojo acompañado do director técnico D. Francisco Iglesias Serna. Ámbolos dous aproveitaron para salientar a importacia da loita galega e dos seus deportistas na historia e o futuro da loita en España.

Felicitacións a Eladio e a todo o grupo humán do Club San Ignacio polo voso traballo, que cada día fai este deporte máis grande.


/*
*/