Viaxe dos deportistas Galegos a Osetia (Rusia)
Xaneiro 14, 2010 – 11:16 pm
Os deportistas Galegos: Jose Cuba Vázquez (categoría sénior de 120 kg) e Jose Luis Puentes Seoane (categoría sénior de 84 kg), ambos do club de loita Vilalba (Lugo), partiron esta madrugada cara a Osetia do Norte, para comezar a súa preparación de cara a tempada 2010. Na base deportiva olímpica de Osetia, farán unha concentración xunto coa Selección Rusa de Loitas Olímpicas, do 14 o 28 de Xaneiro de 2010. Ámbos deportistas son os únicos estranxeiros participantes en esta concentración, grazas a mediación do Seleccionador Galego de Loitas Olímpicas Don Alexandre Kachelaev. Unha vez rematada a concentración, ambos deportistas partirán cara a cidade de Krasnaiarsk (no centro de Rusia), para participar no torneo internacional IVAN YARIGUIN (Golden Gran Prix, do 28 o 31 de Xaneiro de 2010), que é puntuable para a final da Copa do Mundo de Loita. Unha vez rematada a competición, quedarán concentrados durante unha semana na cidade de Krasnaiarsk.

A principal dificultade para realizar este tipo de concentracións e competicións, son a difícil burocracia Rusa e a financiación. Neste último apartado, o Club de Loita Vilalba, aporta o 50% do total dos gastos da actividade e o outro 50% corre a cargo da Federación Galega de Loita e D.A. de este xeito podemos levar a cabo máis actividades e con maior número de deportistas.
A aposta por parte da Federación de traballar na liña de rendemento deportivo, invitando os clubs deportivos a que invirtan na formación dos seus mellores deportistas a nivel internacional, está a dar bos resultados, contando sempre coa implicación das administracións, que respaldan iniciativas como estas.