Viaxe da Selección Galega de Loitas Olímpicas o campionato de España Senior 2010

Febreiro 24, 2010 – 1:55 pm

 

A selección Galega sénior de Loitas Olímpicas, parte este xoves cara a Barcelona, onde o sábado 27 de Febreiro, terá lugar o Campionato de España de Loitas Olímpicas nas categorías de: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina. Este ano a Federación Galega está obrigada a defender o título de actual Campiona de España por autonomías, titulo acadado o ano pasado no mesmo lugar (Barcelona).

Este ano a Selección Galega amosase mais renovada que nunca, por que a maior parte dos integrantes aínda son júniors. Este espectacular relevo xeracional, está impulsado polos programas da Federación Galega de “Promoción” e polo plan de “Tecnificación e formación”.

Dentro do combinado Galego, cabe destacar a presencia de Jose Cuba Vázquez (menos 120 Kg), actual membro da Selección Española, procendente do Club de Loita Vilalba, igual que Jose Luis Puentes Seoane (menos 84 kg), campión de España na categoría Júnior.

Por outra banda os loitadores Miguel Caramés Vila (menos 55 Kg), Eliseo Permuy Soto (menos 60 kg) e Luis Miguel Garnil Rielo (menos 74 kg), todos pertencentes o Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces, participan neste campionato como os mellores deportistas noveles, tendo acadado o campionato de España en tódalas categorías previas a absoluta.

Por outra banda, a representación da Loita Libre Feminina, está en auxe, formándose a mellor Selección Galega da historia da loita, destacando a participación de Blanca González Pérez (menos 48 Kg) e Judith Pérez Comesaña (menos 59 Kg) do Club de Loita San Ignacio de Vigo e Brenda Fontán Alonso (menos 51 Kg) do Club de Loita Pontevedra.

 

 

selecc-galega-loitas-olimpicas1


/*
*/