Traballo incansable dos Clubs de Loita nas actividades estivais

Xullo 20, 2010 – 10:49 am

Durante esta época estival, moitos clubs da nosa xeografía aproveitan a ocasión para levar a cabo campamentos de verán, e así continuar coa actividade anual do club, enlazando o final do curso académico con actividades deportivas realizadas nos campamentos urbáns, clinics e campus de Loitas Olímpicas.

cimg1125

As primeiras actividades do verán leváronse a cabo na cidade de Lugo, onde o club de Loita Lugo en colaboración coa A.D. LUMIEIRA, participou nunha xornada con rapaces de entre 6 e 12 anos. Esta actividade levouse a cabo no pavillón do edificio de maxisterio de Lugo, resultando un éxito de participación.

Así mesmo o Club de Loita Lugo, participou nas actividades de verán organizadas polo Concello de Lugo, no pavillón da Casa do Deporte, nas instalacións de FRIGSA. As actividades estaban dirixidas a rapaces de entre 7 e 12 anos. Tódolos participantes podían simultanear as actividades de Loitas Olímpicas con outros xogos organizados polos monitores do campamento. En total participaron mais de 40 rapaces, calificándose como todo un éxito a organización do Concello e o desenvolvemento da actividade.

O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, participou nas actividades da Feria Medieval de Vilalba os días 10 e 11 de Xullo. Caracterizados para a ocasión, a participación de nenos e maiores atraídos pola novidade da actuación, e a inclusión dos mesmos nas exhibicións, provocou unha chamada inesperada, na que tódolos asistentes querían participar activamente de este evento.

O Campus de verán de Baiona, con unha duración de unha semana, en xornada de mañá, organizado polo Concello, ten un carácter mais aberto, xa que os rapaces e rapazas que participan en el, poden asistir as actividades de Loitas Olímpicas e a inclusión da BEACH WRESTLING, ou loita na praia, que dende a FILA (Federación Internacional de Loitas Asociadas), trata de difundir entre tódolos países afiliados. Con unha normativa moi sinxela, sen necesidade de ningún tipo de vestimenta específica, os rapaces e rapazas están a disfrutar do seu tempo de lecer practicando deportes atractivos e vinculados co medio natural.

Agardamos mais actividades o longo do verán.


/*
*/