Touro acolleu este sábado o Campionato Galego de Loitas Olímpicas
26 febrero, 2012 – 11:28 pmPreto de un cento de deportistas, representando a un total de 17 Clubs Galegos, déronse cita este fin de semana no pavillón municipal de deportes de Touro (Coruña), na edición do 2012, do Campionato Galego júnior de Loitas Olímpicas e na fase final da liga de deporte de base na categoría escolar.
Coas prazas para representar a Galicia nos vindeiros campionatos de España de Loitas Olímpicas, preto dun cento de deportistas acudiron ente pasado sábado o pavillón municipal de Touro, buscando a clasificación individual e por equipos.
O nivel deportivo amosado no campionato foi moi alto, destacando o grupo de deportistas do CGTD de Pontevedra, que despregaron todo o seu potencial, e amosaron as bazas que posúen de cara o Cto. de España da modalidade.

En canto a clasificación individual por clubs, na categoría júnior temos que destacar:
Resultados Cto. Galego júnior de Loita Libre Olímpica:
1- Club de Loita Touro.
2- Club de Loita Pontevedra.
3- Club de Loita Stellae de Santiago de Compostela.
Resultados Cto. Galego júnior de Loita Grecorromana:
1- Club de Loita Touro.
2- Club de Loita Pontevedra.
3- Club de Loita Stellae de Santiago de Compostela.
Resultados Cto. Galego júnior de Loita Libre Feminina:
1- Club de Loita San Ignacio de Vigo.
2- Club Keltoi de Vila de Cruces.
3- Club Stellae de Santiago de Compostela.
Por outra banda celebrouse no mesmo pavillón a FASE FINAL DA LIGA ESCOLAR DO DEPORTE DE BASE DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, onde os participantes mais novos tiveron a posibilidade de amosar o seu repertorio técnico.
Esta fase final da liga escolar do deporte de base na categoría escolar (Infantil), perfilou o equipo que defenderá a Galicia nos vindeiros campionatos de España, que terá lugar en Granada do 9 o 11 de Marzo.
Os resultados mais importantes por equipos son:
Final da Liga do deporte de base na categoría MASCULINO ESCOLAR:
1- Club de Loita Sabaris.
2- Escola Ayude de Melide.
3- Club Ciudad de Vigo.
Final da Liga do deporte de base na categoría FEMININO ESCOLAR:
1- Club Keltoi de Vila de Cruces.
2- Club Ciudad de Vigo.
3- Club de Loita Pontevedra.
Con estes resultados remata a liga escolar da categoría do deporte de base, quedando para os vindeiros meses de Marzo e Abril a liga Alevín e Benxamín, con tres xornadas deportivas e mais de 500 nenos e nenas inscritos.
A Federación Galega de Loita e D.A. quere manifestar publicamente o agradecemento pola colaboración ó Exc. Concello de Touro como anfitrión, así como á Secretaría Xeral para o Deporte e á Exc. Deputación da Coruña.


