Torneo Internacional de Acerbaián

Marzo 26, 2009 – 11:22 am

luis-garnil-vermello-unha-das-nosas-promesas-de-cara-a-londres-2012.jpg

O próximo 16 de Abril, cinco deportistas galegos viaxarán a Acerbaián para participar nunha concentración internacional Júnior que se vai a celebrar na capital, Bakú até finais de mes.

Este evento pertence ao programa da Federación que traballa cos deportistas que teñen opcións de clasificarse para a Olimpíada de Londres 2012.

A concentración remata cun torneo no que tamén participarás os nosos deportistas, que viaxarán co selecionador galego, D. Alexander Kachelaev.

Os deportistas convocados son os seguintes:

 

  • Pablo García na categoría de 60 kgs. Grecorromana.
  • Miguel Caramés en 50 kgs. Libre Olímpica.
  • Eliseo Permuy en 60 kgs.Libre Olímpica.
  • Luis Miguel Garnil en 74 kgs. Libre Olímpica.
  • Pablo Fernández en 84 kgs. Libre Olímpica.

 

Para o torneo, unirase ao grupo o árbitro internacional galego D. Ángel Amor.


/*
*/