Resultados do Campionato Galego Junior e Fase Final da Liga Escolar de Deporte de Base (Melide 2010)

Marzo 8, 2010 – 10:01 pm

Este pasado sábado día 6 de Marzo, celebrouse no pavillón Municipal de Melide, o Campionato Galego de loitas olímpicas nas categorías júnior e escolar, puntuable para participar no campionato de España da modalidade, que se celebrará en Xixón os días 27 e 28 de Marzo.

Neste campionato Galego, contamos coa presenza de clubs representantes das catro provincias, aumentando moito o número de participantes, debido as campañas de promoción que leva a cabo a Federación Galega de Loita e D.A.

 cto_galego_junior_escolar_2010

En canto a participación dos clubs deportivos, os resultados mais destacados foron os seguintes:

CATEGORÍA JÚNIOR MASCULINO LOITA LIBRE OLÍMPICA:

1º Clasificado: Club Keltoi de Vila de Cruces.

2º Clasificado: Club Stellae de Santiago de Compostela.

3º Clasificado: Club San Ignacio de Vigo.

CATEGORÍA JÚNIOR MASCULINO LOITA GRECORROMANA:

1º Clasificado: Club Keltoi de Vila de Cruces.

2º Clasificado: Club San Ignacio de Vigo.

3º Clasificado: Escola Ayude de Melide.

CATEGORÍA JÚNIOR FEMININA LOITA LIBRE OLÍMPICA:

1º Clasificado: Club San Ignacio de Vigo.

2º Clasificado: Club Keltoi de Vila de Cruces.

3º Clasificado: Club de Loita Pontevedra.

En canto a FASE FINAL DA LIGA ESCOLAR DE DEPORTE DE BASE, da Secretaría Xeral para o Deporte, a clasificación por clubs estivo dividida do seguinte xeito: 

ESCOLAR MASCULINO LOITAS OLÍMPICAS:

1º Clasificado: Club Keltoi de Vila de Cruces.

2º Clasificado: Club Sabarís de Baiona.

3º Clasificado: Club de Loita Touro.

ESCOLAR FEMININO LOITAS OLÍMPICAS:

1º Clasificado: Club de Loita Pontevedra.

2º Clasificado: Club Stellae de Santiago de Compostela

3º Clasificado: Escola Ayude de Melide

Temos que agradecer a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de Melide e da Escola Ayude de Melide, como coorganizador do evento.

Neste campionato a mellor clasificación foi a obtida polo CLUB DE LOITA KELTOI DE VILA DE CRUCES, acadando o primeiro posto por equipos en varios grupos de idade.

Neste campionato participaron un total de 22 clubs de toda Galicia, con unha representación de uns 125 deportistas, que se xogaron as prazas que dan acceso os Campionatos de España da modalidade.


/*
*/