Resultados do campionato de España Senior 2010

Marzo 1, 2010 – 8:51 pm

1-posto-seleccion-galega-de-loita

 
A selección Galega sénior de Loitas Olímpicas ven de acadar en Barcelona, o pasado sábado 27 de Febreiro, o 1º posto por autonomías no Campionato de España de Loitas Olímpicas na categoría de Loita Libre Olímpica. Este ano a Federación Galega reeditou o título acadado o ano pasado no mesmo lugar (Barcelona).

A Selección Galega obtivo un bo botín de medallas e trofeos, encabezando os resultados Jose Cuba Vázquez do Club de Loita Vilalba, medalla de ouro na categoría de 120 kg. Eliseo Permuy Soto, do club de loita Keltoi de Vila de Cruces, acadou o 2º posto na categoría de 60 kg, e as medallas de bronce corresponderon a Miguel Caramés Vila, na categoría de 55 kg, e Luis Miguel Garnil Rielo en menos de 74 kg, ambos do club de loita Keltoi de Vila de Cruces e Jose Luis Puentes Seoane do club de loita Vilalba, na categoría de menos de 84kg. Destacar o 7º posto que acadou a Federación Galega no Campionato por Autonomías.

 

 

Por outra banda destacar a medalla de prata acadada por Ramón García Sueiro do club Keltoi de Vila de Cruces, na categoría de Loita Grecorromana en menos de 84 kg.

A labor da Selección Galega Feminina, foi mais que destacable, acadando o 8º posto por seleccións a nivel nacional. Destacaron os 5º postos acadados por Judith Pérez Comesña e Blanca González Pérez do Club San Ignacio de Vigo e o 7º posto de Brenda Fontán Alonso do Club de Loita Pontevedra.

O actual campión de España Jose Cuba Vázquez está seleccionado para participar no campionato internacional de Larnaka, en Chipre do 19 o 22 de Marzo. 

Os resultados completos do campionato poden consultarse no seguinte pdf.

foto-seleccion-galega-senior-de-loitas-olimpicas3


/*
*/