Resultados do “X Gran Premio de España de Loitas Olímpicas”. Jose Cuba bronce na máxima categoría de Libre Olímpica
Xullo 13, 2010 – 3:22 pmEste fin de semana celebrouse en Madrid o “X GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS”, no que participaron un total de 320 deportistas de 36 países diferentes. Coa selección nacional acudiron convocados 5 deportistas Galegos.
A mellor Clasificación Galega do torneo, correspondeulle o loitador Vilalbés Jose Cuba Vázquez (Club de Loita Vilalba), que acadou o 3º posto na categoría de menos de 120 kg, en Loita Libre Olímpica. Para acadar este resultado tivo que vencer a Nick Lane (Nueva Zelanda) por un contundente 9-0 no primeiro período e un 6-0 no segundo. Non correu a mesma sorte nos enfrontamentos con Nurzan Katayev (Kazajstán), que a postre acadaría a medalla de ouro da categoría, nin cos representantes da India e Hungría.
Pro outra banda, na categoría de menos de 60 kg, Eliseo Permuy Soto (Club Keltoi de Vila de Cruces), pagou cara a súa falta de experiencia, este loitador júnior mediuse o representante Francés B. Lawson, cedendo os dous primeiros asaltos e posteriormente atoparíase fora da repesca.
En canto os representantes en Loita Grecorromana, tanto Ramón García Sueiro (Club Keltoi de Vila de Cruces) en menos de 84 kg e Pablo García García (Club Saudade de Vigo) en menos de 66 kg, non superaron o seu primeiro enfrontamento. Pablo García cedeu ante o Finlandés Jarko Ala-Huikku, afastándose da carreira o podio e as repescas. Por outra banda Ramón García tamén tivo que enfrontarse o Finlandés Pekka Rintamaki, que acadaría o bronce da categoría.
Podedes ver un amplo resumo do campionato no seguinte enlace :


