Resultado histórico: JOSE CUBA clasificouse en 9ª posición na final do GOLDEN GRAN PRIX, celebrado en Bakú (Acerbaiján)

Xullo 20, 2010 – 10:59 am

Jose Cuba continua facendo historia na Loita Libre Olímpica, escribindo un resultado histórico na final do GOLDEN GRAN PRIX, celebrado na cidade de Bakú en Acerbaiján. Está a facer historia, non só por ser o primeiro loitador Español en clasificarse para esta final, se non por pasar dúas roldas nesta final.

jose-cuba-azul-2

Na sorte dos emparellamentos, a Jose Cuba encadrábano no posto 14, o que lle permitia librar os dezaseisavos de final, para colarse directamente nos oitavos de final. En esta segunda rolda a sorte fixo que se cruzara no seu camiño o loitador Aiall Lazarev (Kirguistán), o que venceu loitando ata o último segundo en tres asaltos co seguinte resultado: 2-1, 1-4, 0-6.

Tras comezar gañando, en cuartos de final, enfrontouse a Seyed Mohammadreza Azarshakiv de Irán, un loitador novo, pero que leva unha tempada envexable en canto a resultados. En este enfrontamento Jose Cuba cedeu no seu soño de loitar por un metal, quedando 0-3 e 0-4, o verse por baixo no marcador e arriscar, favoreceu o estilo de loita do Iraní, quen a contra non perdoa. Tras esta derrota, non puido loitar pola repesca, xa que esta sorte correría a cargo do seu verdugo, o iraní Azarshakiv, que a postre sería 5º.

Dos 17 finalistas clasificados para esta fase final, Jose Cuba logrou alcanzar a metade da táboa, o que lle da unha referencia real das súas posibilidades de cara o Campionato do Mundo que terá lugar en San Petesburgo (Rusia) na segunda semana de Setembro.


/*
*/