Resultado do loitador Luis Garnil no Campionato de Europa de Loita Libre Olímpica

Xullo 4, 2010 – 10:37 pm

Rematou a participación do loitador Luis Garnil no Campionato de Europa de Loita Libre Olímpica, celebrado na cidade Búlgara de Samokov.

As impresións vertidas polo loitador de Vila de Cruces foron moi positivas, a pesar do resultado obtido. Tendo a peor das sortes de cara os seus cruces nas rondas previas, o que o levou a librar o primeiro enfrontamento, pero na segunda rolda tivo que cruzarse co representante Turco, Soner Demirtas, o que a poster acadaría o Subcampionato de Europa da categoría. O combate foi moi axustado, cedendo Luis o primeiro asalto por un erro de concentración, o que hipotecou a súa participación durante o segundo asalto, por arriscar en exceso. “No campionato de Europa, e ante a situación que sufrín, tras perder o primeiro asalto, tes que dalo todo, vaciarte e arriscar, para buscar o pase a seguinte rolda” afirmou Luis.

Luis foi chamado para a repesca, enforntandose o loitador Ucraniano, Oleg Zakharevych. Este combate abríalle a Luis o pase o bronce continental, pero tras perder o primeiro asalto por un axustado 1-3 a favor do ucraniano, no segundo asalto Oleg fixo valer a súa experiencia internacional, para acadar unha traballada victoria. O final o Ucraniano acadou o 3º posto no Europeo.
Garnil está moi ilusionado de cara as suas próximas citas, polo que lle desexámos moita sorte para o futuro.

Na seguinte fotografía podemos ver o combinado nacional que acudio ó Campionato de Europa, no que podemos ver a Luis segundo pola dereita.

garnil-segundo-pola-dereita-no-cto-europa-de-loita-3


/*
*/