Rematou a participación de Nerea Vila no Campionato de Europa cadete de Loita Libre Feminina
Agosto 9, 2010 – 3:35 pmA loitadora Viguesa Nerea Vila, rematou a súa primeira participación nun Campionato de Europa de Loitas Olímpicas celebrado en Sarajevo (Bosnia-Herzegovina), acadando o 17º posto, na categoría de menos de 56 kg. Este resultado é histórico, xa que estamos a falar da primeira muller Galega que participa nun campionatos continentais desta especialidade deportiva.

A falta de experiencia a nivel internacional, unido o nerviosismo pola responsabilidade da cita, e as expectativas da propia deportista, fixeron que Nerea non puidera render o 100 por 100. A calidade de esta deportista está moi por riba do seu resultado, pero nunha competición onde as favoritas cederon nas primeiras roldas, non aproveitou a ocasión para colarse entre as mellores do continente.
O sorteo foi desfavorable para Nerea, quedando no cadro mais difícil para acceder os postos de medalla. Na primeira rolda, Nerea enfrontouse a representante Moldava Rusu Ecaterina, cedendo en dous asaltos o pase a oitavos de final. Non puido repescar, xa que a que a postre sería a campiona de Europa da súa categoría a Ukraniana Kit Tetyana, venceu a Moldava, que loitaría polo bronce, cedendo este posto a Sueca Nilsson Ida. A principal favorita, a Rusa Shulgina Viktorya acabou no posto 14º, o que fai referencia do nivel das deportistas e da dificultade do evento.
Tan so desexarlle moita sorte a Nerea de cara a próxima tempada, na que estamos seguros que superará os grandes éxitos conseguidos nesta.


