Recepción de José Cuba na Deputación de Lugo

Marzo 8, 2010 – 7:49 pm

Hoxe, Luns día 8 de Marzo de 2010, a Deputación de Lugo recibiu a Jose Cuba, como actual campión de España de Loita Libre Olímpica, na categoría de menos de 120 kg.

recepcion-jose-cuba

 

recepcion-jose-cubaA recepción tivo lugar as 12:00 horas da mañá, e estivo presidida por Toño Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo, que recoñeceu o gran traballo que se está a levar a cabo na provincia de Lugo, por parte dos clubs e da Federación Galega de Loita e D.A.

Destacouse o traballo do Club de Loita Vilalba, onde adestra a diario Jose Cuba. Este é un dos poucos clubs Galegos que envía os seus deportistas a adestrar o estranxeiro. Proba de elo, foi a participación de Jose Cuba e Jose Luis Puentes nunha concentración en Osetia (Rusia), durante o mes de Xaneiro de 2010, e a posterior competición no Torneo Ivan Yariguin (Rusia).

 

 

Dende a Federación queremos facer extensiva a nosa noraboa a tódolos integrantes do Club de Loita Vilalba, polos resultados obtidos polos seus deportistas.


/*
*/