Recepción da Federación Galega de Loita no CGTD de Pontevedra

Marzo 5, 2010 – 7:34 pm

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, destacou o nivel e a traxectoria mantida nas últimas décadas pola loita galega que é unha referencia nacional como demostrou no último Campionato de España, no que logrou o título por autonomías.

mesa

O secretario xeral para o Deporte visitou onte o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) para atoparse cos loitadores galegos coa finalidade de expresar “o orgullo que significa poder contar cun deporte como a loita na que a nosa comunidade autónoma é desde fai bastante tempo unha referencia a nivel nacional como consecuencia do traballo realizado”.

No Campionato de España de loitas olímpicas na categoría de loita libre disputado en Barcelona  a selección galega obtivo un bo botín de medallas e trofeos, encabezando os resultados José Cuba Vázquez do Club de Loita Vilalba, medalla de ouro na categoría de 120 kg. Eliseo Permuy Soto, do club de loita Keltoi de Vila de Cruces, acadou o segundo posto na categoría de 60 kg, e as medallas de bronce corresponderon a Miguel Caramés Vila, na categoría de 55 kg, e Luis Miguel Garnil Rielo en menos de 74 kg, ambos do club de loita Keltoi de Vila de Cruces e Jose Luis Puentes Seoane do club de loita Vilalba, na categoría de menos de 84kg. Destacar o séptimo posto que acadou a Federación Galega no Campionato por Autonomías.

Por outra banda destacar a medalla de prata acadada por Ramón García Sueiro do club Keltoi de Vila de Cruces, na categoría de Loita Grecorromana en menos de 84 kg.

 

placa José Ramón Lete vinculou os éxitos da loita galega ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva porque “se falamos da traxectoria da loita galega temos que facelo obrigatoriamente do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O CGTD e a loita están moi vinculados. Ao longo destes máis de 20 anos tiveron unha estrechísima relación”, apuntou o secretario xeral para o Deporte que recordou que “a federación de loita é un exemplo de traballo, de esforzo, de superación de adversidades e de promocionar un deporte que obtén uns excelentes resultados con moi poucos medios. Unha situación debido á ilusión das persoas vinculadas a este deporte que contaron co respaldo da Xunta de Galicia”.

 

 

 

reconocimiento-a-nicoA recepción tamén serviu como homenaxe a Nicolás Castro, actual director técnico da Federación, e que disputou en Barcelona o seu último Campionato de España logo dunha traxectoria de máis de década e media na elite.
“No momento da retirada quero destacar os valores de Nicolás Castro que reflicte perfectamente o que ten que ser un deportista”, manifestou José Ramón Lete antes de entregarlle un recordo porque “é un exemplo de deportistas feito no Centro de Tecnificación. Non soamente foi o seu referente deportivo. Senón o seu líder na maior expresión da palabra. Ten un currículo excelente. É posible que gañou máis cousas das que pensaba cando empezaba neste deporte, pero sobre todo gañouse o respecto dos demais polo seu xeito de ser, pola súa superación, pola súa actitude como deportista”.

 

familia


/*
*/