O loitador LUIS MIGUEL GARNIL RIELO, representante Galego na “COUPE RÁPHAEL MARTINETTI” de Suiza

Xuño 11, 2010 – 11:16 am

Luis Garnil, tras os éxitos acadados durante esta difícil campaña deportiva, debido a unha grave lesión nos isquitibiais da súa perna dereita, foi convocado pola selección Española Júnior, para participar na Coupe Raphael Martinetti que se celebrará na cidade Suiza de Martigny, durante os días 11, 12 e 13 de Xuño.

Este torneo servirá como proba de corte de cara os campionatos continentais e mundiais da súa especialidade deportiva, a Loita Libre Olímpica, e na súa categoría de peso, menos de 74 kg.

garnil-de-bermello

Outro dos alicientes, é que é o único loitador Galego convocado, e un dos que conta con maiores posibilidades para participar nas seguintes probas de máximo nivel, e tamén lle servirá para subir postos no ranking nacional de loitadores, no que actualmente ocupa o 10º Posto, tan só superado polo loitador chairego José Cuba, que a falta de actualizar os puntos acadados nos últimos campionatos ocupa a 3º posición, moi preto dos irmáns Sánchez (Baleares), que ocupan as primeiras posicións.

A día de hoxe está totalmente recuperado da súa grave lesión muscular, polo que agardamos que esta competición sexa propicia para afianzar as súas aspiracións deportivas, e pechar unha campaña dura pero moi frutífera nos resultados acadados.


/*
*/