O loitador LUIS MIGUEL GARNIL RIELO loitará coa Selección Española no Campionato de Europa de Loita
Xuño 24, 2010 – 5:33 pmO loitador Galego Luís Garnil, pertencente o Club de loita Keltoi de Vila de Cruces, partirá este sábado día 26 ata o mércores 30 de Xuño, para avaliar as súas posibilidades de entrar na elite da Loita Olímpica continental, cara a SAMOKOV (BULGARIA), onde participará o lúns e martes no Campionato de Europa Junior de Loita Olímpica. Pero antes de comezar a súa participación terá que cumprir co requisito de acadar os 74 kg de peso que ten que dar na báscula.

Nestes últimos días, Luis Garnil completou a súa preparación no CGTD de Pontevedra, onde a marxe dos seus adestramentos, realizáronselle unha serie de probas médicas e fisiolóxicas, froito da colaboración entre a Federación Galega de Loita e D.A., o CGTD de Pontevedra e o INEF de A Coruña. Estas probas, servíronlle de referencia e motivación, para viaxar a Bulgaria, onde defenderá xunto con un representante Murciano Antonio Rodríguez na categoría de 84 Kg.
As probas realizadas a Luis Garnil, amosan un estado de forma moi por riba da media dos deportistas nacionais da súa idade, o que desperta o optimismo de todo o mundo.


