O Campión do Mundo Alexis Rodríguez adestrará en Vilalba ate o 25 de Agosto

Agosto 13, 2010 – 6:24 pm

Alexis Rodríguez, campión mundial en 1998 e bronce na Olimpiada de Sidney na categoría 120 kg, adestrará no clube de loita Vilalba ate o próximo 25 de Agosto para axudar á preparación de Jose Cuba de cara ao mundial de Setembro.

Alexis Rodríguez é o segundo deportista internacional convidado no marco das xornadas internacionais de adestramento en Vilalba, xornadas organizadas polo club vilalbés e subvencionadas pola Excma. Deputación de Lugo que comezaron hai un mes e medio coa presenza do ukraniano Sergey Priadum.

Na seguinte fotografía podemos ver a Jose Cuba loitando a final do Gran Premio de España 2008 contra Alexis Rodríguez.

jose_cuba_vs_alexis_rodriguez

 

Estas xornadas están abertas a todos os interesados que desexen adestrar en Vilalba durante estas datas, polo que o clube de loita Vilalba quere aproveitar para convidar a todos os clubes galegos a que se acheguen cos seus deportistas as instalacións do clube.

Para ampliar a información e contactar co clube de loita Vilalba pinchade no seguinte link:

http://loitaolimpicavilalba.blogspot.com/2010/08/alexis-rodriguez-nas-xornadas.html


/*
*/