Jose Cuba remata a súa participación no mundial senior en 11º posto

Setembro 23, 2009 – 6:14 pm

polonia-vs-turkia.jpg

Imaxe 1 of 9

 No segundo día de celebración do mundial Senior 2009 (Herning -Dinamarca-), tivo lugar a disputa da categoría de menos de 120 kg estilo libre. O vilalbés José Cuba que representaba a España nesta categoría rematou en 11ª posición perdendo na repesca polas medallas ante o grego Ioannis Arzoumanidis aos puntos (6-2 e 2-0). O grego xa fora quen cortara o paso ás finais do galego nos pasados Xogos Mediterráneos de Pesscara.

Jose Cuba comezou o campionato librando a primeira ronda e vencendo depois en oitavos de final ao moldavo Andrei Podsevalnicov por superioridade técnica. En cuartos de final caeu ante o ruso Bylial Makhov que acabou por reeditar o seu título de campión do mundo na categoría. Perder ante un dos loitadores que chagaron á final, deulle o paso directo á repesca na loita polas preseas, e foi aquí onde acabou perdendo co representante grego que rematou o campionato co bronce.

Tras un ano case sen actividade por mor dunha grave lesión de xeonllo, o adestrador de José Cuba valora este resultado como moi positivo: “…Ainda que foi un ano moi duro, temos que ser conscientes de que José está a loitar ao mesmo nivel cos medallistas en mundiais e europeos; por detrás del na clasificación quedaron moitos olímpicos de países de primeiro nivel . Adestra nun pequeno club con moi poucos medios  e sen embargo está a plantar cara a loitadores de países onde a loita é o deporte nacional”.

O resto do equipo de estilo libre que acompañou a José Cuba tamén remataron a súa participación. Os baleares Francisco Sánchez en menos de 55 kg e Agustín Sánchez en menos de 66 kg remataron en 14º e 32º posición respectivamente, e o madrileño Javier Ramos en menos de 84 kg tras unha boa competición rematou en 17ºposto. España non tivo representación en menos de 74 kg e menos de 96 kg, nesta última debido a lesión do tamén vilalbés Nicolás Castro.

Hoxe remata a competición de libre olímpica coa categoría de menos de 74 kg, e de hoxe ate o Sábado 27 terán lugar as modalidades de loita feminina e loita grecorromana, onde tamén temos representación española.

Tedes toda información, clasificación e imaxes no seguinte enlace:  http://www.fila-wrestling.com/herning09/


/*
*/