JOSE CUBA está a afinar a súa preparación de cara o GOLDEN GRAN PRIX

Xuño 24, 2010 – 5:58 pm

O éxito de Jose Cuba, Vilalba 1981, está a facer historia viva de este deporte. O loitador Vilalbés, esta a rematar a súa preparación de cara a participar no Golden Gran Prix de loita, que terá lugar en BAKÚ (Acerbaiján) do 15 o 18 de Xullo.

Jose Cuba é o único loitador Español en clasificarse para esta proba, onde solo participan os mellores deportistas de cada categoría de peso, non habendo cupos para paises, tan só, para os mellores deportistas de cada categoría.

jose-cuba-azul-2

Jose Cuba estará acompañado por Aurora Fajardo. Esta loitadora Madrileña, tamén acadou o seu pase para esta final, ambos deportistas velarán polos intereses nacionais en Bakú.

Cuba apura os seus últimos adestramentos en Vilalba con Sergei Priadum, o deportista Ukraniano, contratado polo Club de Loita Vilalba, para afinar e corrixir aspectos técnico-tácticos.

O curriculum deportivo de Sergei Priadum, este coloso de 112 kg, 5 veces campión de Ukrania de Loita Libre Olímica, é envexable xa que a súa experiencia está formada a base de tres finais nos campionatos de Europa, acadando en tódolos casos a medalla de prata, non tendo a mesma sorte no campionato do Mundo, acadando en dúas ocasións o 5º posto. O esforzo realizado polo Club de Loita Vilalba, o Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo para achegar as mellores condicións de adestramento a Jose Cuba, non teñen referencias previas.


/*
*/