II Exhibición Categoría Base SAN IGNACIO de Lucha Olímpica

Xuño 24, 2010 – 3:19 pm

O pasado domingo de mañá, no pabillón de Teis-Vigo levouse a cabo a II EXHIBICION CATEGORIA BASE SAN IGNACIO de loitas olímpicas para o disfrute dos pais dos loitadores e para o público en xeral, coa colaboración do I.M.D de Vigo e a fundación VIDE. Esta xornada serviu para evaluar ós loitadores e subir un grao de nivel ,pasando de nivel I a nivel II, co progreso que supón isto para os loitadores. A adestradora do clube San Ignacio, Ángeles, leva tres tempadas dirixindo a  categoría base do clube e ademáis é a única adestradora actualmente en Galicia.

Como aportación do San Ignacio a loita olímpica levouse a cabo, ó  final da exhibición, unha actividade na que varios pais e xente do público participaron nunha sesión de iniciación as loitas olímpicas especilamente indicada para adultos. Este pequeno cursillo dirixido polos tres adestradores do clube,  Ángeles, Toñi e Eladio, tivo unha grande aceptación por parte dos pais dos pequenos, polo que o clube xa ten previsto volver realizar tal experiencia mais adiante. Moitos dos pais asistentes expresaron o seu desexo de apuntar os seus cativos para a próxima tempada, xa que comprobaron que a loita olímpica é un deporte moi completo e cunha disciplina e metodoloxía de traballo adecuada para os máis cativos.

2010-06-20-exhibicion_cat_base_san_ignacio

 


/*
*/