Fase final da Liga Alevín de deporte en idade escolar

Xuño 11, 2009 – 10:03 am

Este pasado Sábado 6 de Xuño, celebrouse en Melide, a xornada fianal da liga de deporte de base en idade escolar, coa participación de 240 nenos e nenas menores de 12 anos.

A actividade estivo organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, a FGLeDA e o Concello de Melide.

Tras a disputa das anteriores xornadas en Baiona e Vilalba, a puntuación dos diferentes equipos estaba moi igualada, decidíndose nesta última xornada os equipos que ocuparon as tres primeiras posicións.

Un total de 10 Clubs chegaron a esta última xornada:Quedando a clasificación fina por clubs do seguinte xeito en función das puntuacións obtidas:

- 1º Club Ayude de Melide: 343 ptos.

- 2º Club de Loita Vilalba: 271 ptos.

- 3º Club Sabarís de Baiona: 266 ptos.

- 4º Club Kuzushi de Vigo: 249 ptos.

- 5º Club Castro de Vigo: 198 ptos.

- 6º Club de Loita Pontevedra: 157 pts

- 7º Club Ciudad de Vigo: 149 ptos.

- 8º Club Keltoi de Vila de Cruces: 136

- 9º Club San Ignacio de Vigo: 106 pts.

- 10º Club Stellae de Santiago de Compostela: 94 ptos


O formato da competición, para fomentar o deporte de base, é unha competición por equipos, na que se prima a participación dos mais novos, facendo da competición unha ferramenta de adhesión o deporte. Na participación por equipos minimizase o agonismo dos enfrontamentos individuais, favorecéndose a participación lúdica dos mais novos.


/*
*/