Entrevista a Jose Cuba pola TVG
Xullo 8, 2010 – 10:10 amEste pasado martes 6 de Xullo, Jose Cuba foi entrevistado pola TVG. O interese mediático que desperta o deportista Vilalbés, increméntase polos resultados deportivos que acada, así como polos valores humanos que representa.
A sala do Club de Loita Vilalba, mudou para converterse nun improvisado plató televisivo, no que tanto Jose Cuba, como o seu adestrador Iván Castro, respostaron a tódalas preguntas formuladas polos periodístas, antes de levar a cabo o adestramento matinal, como é habitual na entidade, xa que dobran adestramentos tódolos días da semana, a excepción do domingo. No adestramento, tamén estaba presente Nicolás Castro, o deportista Galego mais laureado a nivel nacional e internacional, compartindo adestramento e sabiduría con Cuba.
Este tipo de actividades mediáticas, poñen de manifesto a importancia que está a coller as Loitas Olímpicas en Galicia, con nomes propios, e resultados deportivos xamais agardados polos mais optimistas.
Así que este fin de semana podemos ver a reportaxe na TVG2.



