Baiona 2009- 1ª Xornada da Liga Alevín de Competición Deportiva en Idade Escolar da Dirección Xeral para o Deporte
Maio 12, 2009 – 9:14 amO pasado 9 de Maio 164 deportistas de 10 clubes galegos disputaron a 1ª Xornada da Liga Alevín da Competición Deportiva en Idade Escolar. Os loitadores e as loitadoras de entre os 6 e os 12 anos fixeron as delicias de familiares, amigos e veciños de Baiona que se achegaron para disfrutar do bo facer destas xóvenes promesas.
Tódos os participantes foron obsequiados polo Concello de Baiona cunha camiseta conmemorativa do evento e unha visera, que algúns gardarán con celo en recordo da súa primeira competición.
A próxima xornada de liga terá lugar en Vilalba (Lugo) o próximo 23 de Maio de 11:00 a 13:00 horas.