Resultados dos Campionatos Galegos Senior e Cadete 2010
Febreiro 14, 2010 – 7:16 pm
O pasado sábado tivo lugar no pavillón municipal de Teis (Vigo) os Campionatos Galegos de Loitas Olímpicas nas categorías Cadetes e Senior. Os afeccionados que se achegaron ao recinto deportivo “desfrutaron dos máis de cen deportistas de unha ducia de clubes, que participaron en xornada de mañá cos cadetes e de tarde cos senior, dun dos mellores campionatos no que a nivel deportivo se refire”, segundo a opinión do Director Técnico da Federación Galega de Loita, Nicolás Castro.
Ademáis, Nicolás destaca e agradece a notable organización e traballo do equipo anfitrión, o Club San Ignacio.
Para consultar os resultados dos Campionatos pinchade aquí.


