1ª Xornada da Liga de Loitas Olímpicas de deporte base

Febreiro 9, 2010 – 1:31 pm

 O pasádo sábado 6 de Febreiro celebrouse no pavillón municipal de Vilalba (Lugo), a primeira xornada de liga de deporte de base, nas categorías alevín e benxamín da Secretaría Xeral para o Deporte, coa presencia dos 10 clubs clasificados para esta xornada, con máis de 125 rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, que representaban a 3 das 4 provincias Galegas. Na seguinte xornada de liga, contaremos con clubs das 4 provincias.

Nesta primeira xornada dividiuse a clasificación do podio entre:

 

1º- Escola Ayude de Melide: 186 puntos.

2º- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba: 173 puntos.

3º- Club San Ignacio de Vigo: 146 puntos

O resto da clasificación por clubs é a seguinte:

4º- Club de Loita Kuzushi de Vigo.

5º Club El Castro de Vigo.

6º- Club Keltoi de Vila de Cruces.

7º- Club ciudad de Vigo.

8º- Club Stellae de Santiago de Compostela.

9º- Club de Loita Pontevedra.

10º- Club de Loita Touro.

 

 

 

Esta mobilización de actividades para os máis pequenos, tan só é posible pola colaboración das administracións como a Secretaría Xeral para o Deporte que é a impulsora de este tipo de actividades e o Concello de Vilalba, que acolleu esta proba do calendario da Federación.

A xornada resultou un éxito de participación e asistencia, quedando pendente outra xornada no concello de Melide, previa a final que se disputará no concello de Santiago de Compostela.

panoramica-pavillon2

 


/*
*/