Curso de adestrador nacional e de arbitraxe


CURSO DE ADESTRADOR

A Federación Galega de Loita e D.A. vai a organizar os cursos de:
- Adestrador Nacional Nivel 1: Loitas Olímpicas.
- Adestrador Nacional Nivel 1: Grappling.
- Adestrador Nacional Nivel 1: Loita Tradicional Galega.
- Adestrador Nacional Nivel 2: Loitas Olímpicas.
- Adestrador Nacional Nivel 2: Grappling.
- Adestrador Nacional Nivel 2: Loita Tradicional Galega.

Para o curso de adestrador nacional nivel 1:
- Ter mais de 16 anos e/ou posuír o título da ESO ou equivalente académico.
- Ter aboadas as taxas de matricula.
- Estar en posesión da licenza federativa FGLeDA, do ano en curso.
- Orixinal ou fotocopia do DNI.
- 1 foto tamaño carné.
Para recibir o diploma da titulación de nivel 1, a maiores tedes que:
- Ter completado e superado o Bloque Común do nivel 1.

Para o curso de adestrador nacional nivel 2:
- Estar en posesión do título de adestrador nacional nivel 1.
- Ter mais de 16 anos e/ou posuír o título da ESO ou equivalente académico.
- Ter aboadas as taxas de matricula.
- Estar en posesión da licenza federativa FGLeDA, do ano en curso.
- Orixinal ou fotocopia do DNI.
- 1 foto tamaño carné.

Para recibir o diploma da titulación de nivel 2, a maiores tedes que:
- Ter completado e superado o Bloque Común do nivel 2.


CURSO DE ARBITRAXE


A Federación Galega de Loita e D.A. queremos informarvos do vindeiro curso de arbitraxe que se vai a celebrar nas instalacións do CGTD de Pontevedra o día 26 de Novembro do 2011.
Este curso cumpre dous obxectivos:

É obrigatorio para os árbitros que queren ascender de categoría a nivel nacional xa que está homologado polo Colexio Nacional de Arbitraxe.

Formación de novos árbitros e xuíces nas disciplinas de Loitas Olímpicas e Grappling.
O curso será impartido por D. Ángel Amor, presidente do Colexio Galego de Árbitros. O custo do curso será de 25,00€ para os árbitros que queiran ascender e de 35,00€ para as persoas que queren formarse como novos árbitros.

A estes últimos entregaráselles, no caso de superar a proba, un diploma acreditativo da realización do curso co que poderá sacar a licenza de árbitro rexional de nivel I.

O horario do curso será de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas. E para participar é necesario levar papel e bolígrafo para as clases teóricas e botas, pantalón curto azul e camisola branca para as clases prácticas.
A inscrición será nesta Federación a través dos distintos soportes; fax, mail ou correo ordinario. A data límite para formalizar a matrícula será até o venres 11 de Novembro.