Jose Cuba convocado para o Mundial Senior
Agosto 27, 2009 – 8:47 am
O Vilalbés Jose Cuba foi convocado pola Federación Española de Loita Olímpica para representar a España no Campionato do Mundo Senior de Loitas Olímpicas que terá lugar a finais de Setembro na localidade danesa de Herning.
O deportistas chairego que participará na modalidade de Libre Olímpica en menos de 120 kg, está a ultimar a súa preparación no club vilalbés e viaxará a finais desta semana a unha concentración preparatoria en Alemaña.
J.Cuba estará acompañado na súa cita mundialista dos baleares Franciso e Agustín Sánchez (menos de 55 kg e d 60 kg) e o madrileño Javier Ramos (menos de 84 kg), o xefe do equipo será o seleccionador Vicente Cáceres.
Boa sorte a todos.
convocatoria-oficial1convocatoria-oficial1