‘Novas’

A Selección Galega de Loitas Olímpicas parte este xoves cara o CAMPIONATO DE ESPAÑA Sénior e Cadete

9 de Febreiro, 2012

A localidade de San Javier (Murcia), acolle este fin de semana o Campionato de España de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete, tanto de loita masculina como de feminina. Durante os días 10, 11 e 12 a selección Galega tratará de revalidar os títulos obtidos durante o ano pasado. Galicia ...

O 5º Posto de JOSE CUBA, o mellor resultado da Selección Nacional no Torneo DAN KOLOV de Bulgaria

8 de Febreiro, 2012

Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), tras a concentración internacional das pasadas semanas, acadou este pasado domingo o 5º posto nun dos torneos internacionais mais duros do circuito. Mala sorte para Jose Luis Puentes. Jose Cuba debutou no torneo contra loitador Antoine Jaoude, da selección brasileira de loitas ...

Éxito de participación no CAMPIONATO GALEGO de LOITAS OLÍMPICAS

24 de Xaneiro, 2012

Un cento de deportistas buscaban no Pavillón Universitario dos deportes de Pontevedra, este pasado sábado, proclamarse campións Galegos de Loitas Olímpicas, e o acceso os Campionatos de España da categoría. O campionato Galego sénior e cadete de Loitas Olímpicas, foi unha auténtica festa do deporte, con 122 combates disputados na xornada ...

O comezo da tempada coa cita mais dura: “TORNEO INTERNACIONAL DAN KOLOV”, Bulgaria

23 de Xaneiro, 2012

Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), acaba de recibir a súa primeira convocatoria co equipo preolímpico. Do 23 de Xaneiro o 2 de Febreiro permanecerá concentrado na cidade Búlgara de Sofía, para competir no prestixioso "Torneo Internacional Dan Kolov" do 2 o 5 de Febreiro de 2012. A ...

Pontevedra acolle este Sábado o Campionato Galego de Loitas Olímpicas

17 de Xaneiro, 2012

A cidade do Lérez, acolle este sábado 21 no pavillón Universitario dos deportes en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, o Campionato Galego de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete. As modalidades postas en liza son: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina. A cidade de ...

Entrevista na Cadena Cope ós irmáns Villanueva

14 de Xaneiro, 2012

A continuación, podedes escoitar a entrevista realizada pola Cadena Cope ós irmáns Eder e Diego Villanueva. Gracias a www.zonadelucha.com por cedernos a entrevista.

O Loitador Vigués Eder Villanueva en TeleVigo

31 de Decembro, 2011

No seguinte vídeo podedes ver a entrevista ó loitador Eder Villanueva en TeleVigo. A partir dos 33 minutos, no tempo de deportes, tendes a entrevista ó deportista vigués.

Entrevista a Jose Cuba en V Televisión

31 de Decembro, 2011

No seguinte vídeo pódese desfrutar da entrevista o noso deportista Jose Cuba, recollida no tempo de deportes do informativo de V Televisión (a partires do minuto 40).

Convocatoria de Axudas ós Clubs da Secretaría Xeral para o Deporte

31 de Decembro, 2011

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas da Secretaría Xeral para o Deporte, destinadas ós clubs, para as actividades do ano  2011. O prazo de presentación remata o 25 de Xaneiro de 2012. Podedes atopar toda a información e documentación necesaria no seguinte link: Axudas a Clubs Secretaría Xeral

A Volta de Tunez: Sensacións de Traballo Ben Feito tras a Convocatoria coa Selección Nacional Sénior de Loitas Olímpicas

12 de Decembro, 2011

Jose Luis Puentes (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Eliseo Permuy (Club Keltoi de Vila de Cruces), chegaron este pasado domingo de Túnez, coa satisfacción do traballo ben feito, e de que están a cimentar a nova tempada con moito criterio deportivo. Co obxectivo de triunfar no campionato de España ...