‘Subvencións e axudas’

Axudas a deportistas individuais da Deputación de Lugo 2011

2 de Marzo, 2011

Nos seguintes links podedes descargar as bases e os anexos necesarios para solicitar a axuda a deportistas individuais da Deputación de Lugo 2011. Bases Axudas a deportistas da Deputación de Lugo 2011 Anexo I Solicitude Anexo II Anexo III

Bolsas para deportistas da Deputación Da Coruña

17 de Febreiro, 2011

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas para deportistas que ofrece a Deputación Da Coruña para tódolos deportistas da provincia. No seguinte link podedes consultar as bases e descargar o impreso de solicitude: http://www.dicoruna.es/cultura/bolsas/deportistas

Proposta de Resolución Provisional das Axudas a Clubs

13 de Febreiro, 2011

Na web da Secretaría xeral para o deporte publícase a proposta de resolución provisional das subvencións a clubs para subvencionar a súa actividade do ano 2010. Reflíctense os datos deportivos, referidos á tempada 2009/10, certificados polas federacións correspondentes, así como unha proposta provisional de subvención. As entidades que entendan que os ...

Subvencións Deputación Lugo 2011

6 de Febreiro, 2011

Informámosvos das Subvencións para entidades deportivas, publicadas pola EXC. Deputación de Lugo. Podedes descargar todo o necesario para solicitar a subvención nos seguintes links: Bases Subvención Convocatoria Subvención Solicitude Subvención

IX Convocatoria de Axudas a Deportistas Vigueses (Becas VIDE)

31 de Xaneiro, 2011

Xa está aberto o prazo para a presentación das becas VIDE. As bases e o formulario para a convocatoria de bolsas de este ano pódese consultar nos seguintes enlaces. O prazo de entrega de documentación é dende o día 1 ao 28 de febreiro, ambos inclusive. Bases IX convocatoria becas VIDE Formulario IX convocatoria ...

Subvención da Deputación de Pontevedra

9 de Xaneiro, 2011

Xa está aberto o prazo para presentar as Subvencións  a Entidades e Clubs Deportivos para apoiar o Deporte de Competición Federado para este ano 2011. O prazo finaliza o 3 de febreiro e a documentación necesaria para solicitar a subvención podese descargar nos seguintes links: Bases da subvención da Deputación de Pontevedra Impreso de solicitude Certificado da Federación 

Subvencións da Deputación Da Coruña 2011

30 de Decembro, 2010

As subvencións relativas á actividade deportiva, publicadas pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA, relativas o exercicio 2011 xa se poden presentar. Tende presente que o prazo para presentar dita subvención remata o 31 de Xaneiro de 2011. Para consultar as bases da subvención pinchade aquí e para descargar os ficheiros necesarios aquí.

Resolución da Subención de Clubes e Asociacións Deportivas

22 de Decembro, 2010

A lista provisional de admitidos na subvención de clubes e asociacións deportivas xa está dispoñible e podédela consultar no seguinte link : Lista provisional de admitidos na subvención de clubes

Resolución das Subvencións para Material Deportivo da Secretaría Xeral para o Deporte

31 de Outubro, 2010

Para consultar a resolución da subvención para material deportivo pinchade no seguinte link : Resolución Subvención Material Deportivo da Secretaría Xeral