‘Subvencións e axudas’

Convocatoria de Axudas ós Clubs da Secretaría Xeral para o Deporte

31 de Decembro, 2011

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas da Secretaría Xeral para o Deporte, destinadas ós clubs, para as actividades do ano  2011. O prazo de presentación remata o 25 de Xaneiro de 2012. Podedes atopar toda a información e documentación necesaria no seguinte link: Axudas a Clubs Secretaría Xeral

Solicitude de recoñecemento de Deportista Galego de Alto Nivel

3 de Novembro, 2011

Estimados amigos, nos seguintes links pódense descargar os documentos necesarios para que tódolos deportistas que o dexesen soliciten o recoñecemento de DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel). O recoñecemento por parte da administración dos deportistas como DGAN, abrelles a posibilidade a ditos deportistas de: - Recibir axudas económicas por parte da ...

Listado de becas admitidas DGAN

16 de Xullo, 2011

Xa é pública a resolución da Secretaría Xeral para o Deporte dos deportistas Galegos de Alto nivel. Nela podedes atopar os deportistas admitidos e os que teñen enmendas para presentar. A continuación, podedes consultar a listaxe provisional de solicitudes admitidas, excluídas e con documentación incompleta no marco da convocatoria de axudas ...

Axudas para Deportistas Galegos de Alto Nivel

21 de Maio, 2011

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e para obter a clasificación para os Xogos Olímpicos/Xogos Paralímpicos de Londres 2012. Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas ...

Subvencións para Entidades Deportivas do Concello de Vigo

15 de Maio, 2011

Xa está aberto o prazo para presentar a subvención que ofrece o Concello de Vigo a Entidades Deportivas en relación a actividade da tempada 2010/2011. Recordade que o prazo remata o 25/05/2011. Para mais información pinchade aquí. Pódense consultar as bases e o anexo necesario para solicitar a subvención nos seguintes enlaces: Bases ...

Axudas a deportistas individuais da Deputación de Lugo 2011

2 de Marzo, 2011

Nos seguintes links podedes descargar as bases e os anexos necesarios para solicitar a axuda a deportistas individuais da Deputación de Lugo 2011. Bases Axudas a deportistas da Deputación de Lugo 2011 Anexo I Solicitude Anexo II Anexo III

Bolsas para deportistas da Deputación Da Coruña

17 de Febreiro, 2011

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas para deportistas que ofrece a Deputación Da Coruña para tódolos deportistas da provincia. No seguinte link podedes consultar as bases e descargar o impreso de solicitude: http://www.dicoruna.es/cultura/bolsas/deportistas

Proposta de Resolución Provisional das Axudas a Clubs

13 de Febreiro, 2011

Na web da Secretaría xeral para o deporte publícase a proposta de resolución provisional das subvencións a clubs para subvencionar a súa actividade do ano 2010. Reflíctense os datos deportivos, referidos á tempada 2009/10, certificados polas federacións correspondentes, así como unha proposta provisional de subvención. As entidades que entendan que os ...

Subvencións Deputación Lugo 2011

6 de Febreiro, 2011

Informámosvos das Subvencións para entidades deportivas, publicadas pola EXC. Deputación de Lugo. Podedes descargar todo o necesario para solicitar a subvención nos seguintes links: Bases Subvención Convocatoria Subvención Solicitude Subvención

IX Convocatoria de Axudas a Deportistas Vigueses (Becas VIDE)

31 de Xaneiro, 2011

Xa está aberto o prazo para a presentación das becas VIDE. As bases e o formulario para a convocatoria de bolsas de este ano pódese consultar nos seguintes enlaces. O prazo de entrega de documentación é dende o día 1 ao 28 de febreiro, ambos inclusive. Bases IX convocatoria becas VIDE Formulario IX convocatoria ...