Nerea Vila, viguesa nacida no año 1993, actualmente é unha das mellores loitadoras galegas do momento. Este ano será o último no que compita na categoría cadete, categoría da que se despide por todo o alto, xa que participará coa selección española no campionato de Europa en Sarajevo do 3 ó 8 de agosto na categoría de 56kg.
Resumindo un pouco a sua traxectoria, entra no clube de loita San Ignacio a finales de 2006, xunto con Verónica Pérez e Sandra Boullosa. Son as tres primeiras dun grupo numeroso que na actualidade milita no clube. Seu físico, aparentemente sinxelo, ten unha gran fortaleza que se foi desenrrolando nestes 4 anos.
O ambiente no clube San Ignacio foille propicio para querer mellorar cada vez máis polo que, no ano 2008, xunto con Raquel Estévez, pasa a formar parte do selecto grupo de deportistas que adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra. Isto non foi un cambio fácil, xa que era a primeira vez que dúas loitadoras se adestraban neste centro, pero con moito esforzo, tanto Nerea coma Raquel acabaron adaptándose perfectamente á vida no centro.

Nerea Vila (bermello) e Karina Sanchez (Azul)
No ano 2008 conseguiuse coa selección cadete feminina traer para Galicia o Subcampeonato de España por rexions e no 2009 o clube San Ignacio proclamouse campiona de España por clubes na categoría cadete (feito histórico para a loita feminina en Galicia). Dous éxitos ós que Nerea Vila contribuiu xunto co resto das súas compañeiras de selección e clube. Ademáis, a nivel individual, este ano Nerea proclamouse subcampiona de España junior, tan só perdendo na final con Karina Sánchez, loitadora que actualmete é 5º do mundo na categoría junior.
Nerea vai enfrentarse, en pouco mais dunha semana, á competición máis dura e importante dende de practica a loita olímpica, o campionato de Europa, polo que lle desexámos moita sorte e dámoslle moito animo.

Selección Galega Junior Feminina 2010 (Judit, Nerea, Blanca, Eladio
Raquel, Jessica, Sara, Verónica)
Novas |