Éxito de participación no CAMPIONATO GALEGO de LOITAS OLÍMPICAS

Un cento de deportistas buscaban no Pavillón Universitario dos deportes de Pontevedra, este pasado sábado, proclamarse campións Galegos de Loitas Olímpicas, e o acceso os Campionatos de España da categoría.

O campionato Galego sénior e cadete de Loitas Olímpicas, foi unha auténtica festa do deporte, con 122 combates disputados na xornada de mañá, serviron para amosar o aumento significativo do numero de participantes e do nivel dos mesmos. Os mellores clubs deportivos de Galicia, enfrontáronse para avaliar todo o traballo desenrolado o longo da pretempada, dando así comezo as citas deportivas deste ano 2012.

O campionato pódese ver en diferido gracias á colaboración de 

Arena Directo

que restransmitiu o evento en directo.

Tras a disputa do campionato, premiáronse os mellores deportistas masculinos e femininos da competición, recaendo estes galardóns en:

-    Mellor deportista sénior masculino: Pablo García, do Club de Loita Pontevedra.
-    Mellor deportista sénior feminina: Sara Vieitez, do Club San Ignacio de Vigo.
-    Mellor deportista cadete masculino: Bruno Agra, da Escola Ayude de Melide.
-    Mellor deportista cadete feminina: Iris Lucía Cepeda, do Club Stellae de Santiago de Compostela.

En canto á clasificación final por clubs, o resumen dos resultados provisionais é o seguinte:

Clasificación por Clubs: Loita Libre Olímpica sénior:
1º Clasificado: Keltoi de Vila de Cruces.
2º Clasificado: San Ignacio de Vigo.
3º Clasificado: Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.

Clasificación por Clubs: Loita Grecorromana sénior:
1º Clasificado: Keltoi de Vila de Cruces.
2º Clasificado: Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
3º Clasificado: San Ignacio de Vigo.

Clasificación por Clubs: Loita Libre Feminina sénior:
1º Clasificado: San Ignacio de Vigo.
2º Clasificado: Keltoi de Vila de Cruces.
3º Clasificado: Club de Loita Pontevedra.

Clasificación por Clubs: Loita Libre Olímpica cadete:
1º Clasificado: Club de Loita Pontevedra.
2º Clasificado: Club Sabaris de Baiona.
3º Clasificado: Club Keltoi de Vila de Cruces.

Clasificación por Clubs: Loita Grecorromana cadete:
1º Clasificado: Club de Loita Pontevedra.
2º Clasificado: Club Keltoi de Vila de Cruces.
3º Clasificado: Club Ciudad de Vigo.

Clasificación por Clubs: Loita Libre Feminina cadete *:
1º Clasificado: Club de Loita Pontevedra.
2º Clasificado: Club San Ignacio.
3º Clasificado: Club Keltoi de Vila de Cruces.

* Pendente de revisión.

O comezo da tempada coa cita mais dura: “TORNEO INTERNACIONAL DAN KOLOV”, Bulgaria

entrevista-cubaJose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), acaba de recibir a súa primeira convocatoria co equipo preolímpico. Do 23 de Xaneiro o 2 de Febreiro permanecerá concentrado na cidade Búlgara de Sofía, para competir no prestixioso “Torneo Internacional Dan Kolov” do 2 o 5 de Febreiro de 2012.

A preparación internacional do Loitador Chairego, Jose Cuba, toma forma pouco a pouco. Comezando con esta convocatoria para adestrar coa selección Búlgara de Loitas Olímpicas durante 10 días de xeito ininterrompido e rematar cunha das competicións mais duras e con mais concorrencia a nivel internacional, o “Torneo Internacional Dan Kolov”. Tan só 4 dos 7 deportistas que conforman o equipo nacional foron convocados a esta cita.

Nesta cita tratará de amosar o nivel acadado durante esta pretempada invernal no seu club de orixe, en Vilalba. A partir do traballo desenrolado durante estes últimos meses, terá que afinar a súa forma deportiva para chegar o mes de Abril nas mellores condicións posibles, para afrontar as citas mais importantes do ano.

cuba_vs_irani

Con esta convocatoria, participará no campionato Galego de Loitas Olímpicas o día 21 de Xaneiro en Pontevedra, antes de partir coa Selección Nacional. O Campionato Galego de Loitas Olímpicas servirá como primeira pedra de toque para meterse de cheo no circuíto internacional.

A convocatoria deixa fora desta competición a dous deportistas nacionais e ó vigués Eder Villanueva, actual campión de España da categoría de menos de 96 Kg, por precaución, debido a unha lesión nas costas que non lle impedirá estar recuperado de cara o campionato de España, que será en Murcia dentro de tres semanas.

Pontevedra acolle este Sábado o Campionato Galego de Loitas Olímpicas

A cidade do Lérez, acolle este sábado 21 no pavillón Universitario dos deportes en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, o Campionato Galego de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete. As modalidades postas en liza son: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina.

A cidade de Pontevedra enmárcase como a capital das loitas olímpicas, neste principio de tempada, non só polo curso de adestrador nacional organizado no CGTD de Pontevedra, se non que tamén pola disputa da competición mais importante do ano, o campionato Galego sénior, que dará acceso o campionato de España, neste ano Olímpico.

campeonato_gallego_21ene

Os mellores deportistas galegos confirmaron a súa inscrición onte, último día para facelo. Xa que o campionato de España conformará o equipo preolímpico, moitos dos loitadores mais novos están traballando moi duro para acceder o mesmo.

Cunha inscrición de 17 equipos, representando ás 4 provincias, para participar nesta xornada final, e preto de un cento de deportistas, desenrolarase o campionato no Pavillón Universitario dos deportes de Pontevedra, e o acceso para o público será gratuíto.

Para os que non podan achegarse o pavillón, tamén poderán seguir o campionato online a través do seguinte enlace:

www.arenadirecto.com

O campionato pódese levar a cabo, grazas a inestimable colaboración do Concello de Pontevedra, do IMD de Pontevedra, da Secretaría Xeral para o Deporte e dos colaboradores e patrocinadores de este evento. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

Entrevista na Cadena Cope ós irmáns Villanueva

A continuación, podedes escoitar a entrevista realizada pola Cadena Cope ós irmáns Eder e Diego Villanueva.

Gracias a www.zonadelucha.com por cedernos a entrevista.

O Loitador Vigués Eder Villanueva en TeleVigo

No seguinte vídeo podedes ver a entrevista ó loitador Eder Villanueva en TeleVigo. A partir dos 33 minutos, no tempo de deportes, tendes a entrevista ó deportista vigués.

Entrevista a Jose Cuba en V Televisión

No seguinte vídeo pódese desfrutar da entrevista o noso deportista Jose Cuba, recollida no tempo de deportes do informativo de V Televisión (a partires do minuto 40).

Convocatoria de Axudas ós Clubs da Secretaría Xeral para o Deporte

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas da Secretaría Xeral para o Deporte, destinadas ós clubs, para as actividades do ano  2011. O prazo de presentación remata o 25 de Xaneiro de 2012.

Podedes atopar toda a información e documentación necesaria no seguinte link:

A Volta de Tunez: Sensacións de Traballo Ben Feito tras a Convocatoria coa Selección Nacional Sénior de Loitas Olímpicas

Jose Luis Puentes (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Eliseo Permuy (Club Keltoi de Vila de Cruces), chegaron este pasado domingo de Túnez, coa satisfacción do traballo ben feito, e de que están a cimentar a nova tempada con moito criterio deportivo.

Co obxectivo de triunfar no campionato de España do próximo ano 2012, que é de vital importancia para as aspiracións Olímpicas dos nosos deportistas, participaron en Túnez, Jose Luis Puentes (menos de 84kg) e Eliseo Permuy (menos de 60kg), convocados e concentrados coa Selección Nacional Absoluta de Loitas Olímpicas.

cto-mundo-loita

Agora de volta no CGTD de Pontevedra, valoraron moi positivamente a súa preparación no continente Africano. Agora continúan coa súa preparación baixo a batuta do seleccionador Galego e adestrador do CGTD de Pontevedra Don Alexandre Kachelaev, quen terá a difícil tarefa de clasificar no primeiro posto o maior número de deportistas Galegos no vindeiro Campionato de España, de Febreiro.

O gran esforzo económico que os seus Clubs de orixe, levaron a cabo para financiar parte dos gastos da viaxe, califican de extraordinario o aproveitamento dos recursos en relación o volume e a calidade do adestramento en Túnez.

Estes son os primeiros deportistas invitados a Túnez, tras o seu cambio político, o que facilitou o acceso as súas instalacións, tras asinar un convenio de cooperación entre ambos países.

Éxito sen Paliativos do Club San Ignacio de Vigo no 31º Aniversario do seu Trofeo de Loitas Olímpicas

Este pasado sábado 3 de Decembro, celebrouse no pavillón municipal de Teis, un dos campionatos con mais tradición do calendario deportivo. O Club San Ignacio de Vigo alzouse co 1º posto no 31º Aniversario do Trofeo San Ignacio de Vigo, que esta entidade leva organizando durante tantos anos e que tanta aceptación deportiva e social ten.

2011-12-03-foto-san-ignacio

Preto de 80 deportistas disputáronse as preseas en xogo, dende as categorías base, ata os deportistas absolutos, que son o reflexo das aspiracións dos mais novos.

Cunha competición disputada durante a xornada de tarde do sábado, e tras 3 horas de competición ininterrompida, a clasificación final que resultou foi:

1º-        Club San Ignacio - Vigo

2º         Club Kuzushi - Vigo

3º         Club Ciudad De Vigo - Vigo

4º         Club Pontevedra - Pontevedra

5º         Club El Castro - Vigo

6º         Club Stellae - Santiago de Compostela

7º         Club Keltoi - Vila De Cruces

8º         Club Santa Uxía - Santa Uxía de Ribeira

A marxe dos resultados deportivos, premiáronse os mellores deportistas das diferentes categorías de idade, sendo os mellores deste torneo:

Mellor Loitadora da Categoría Base:     Laura Albino - Club San Ignacio

Mellor Loitador da Categoría Base:       Iván Turkan - Club Kuzushi

Mellor Loitadora:                                 Lidia Pérez - Club Pontevedra

Mellor Loitador:                                   Alejandro Silva - Club Santa Uxia

A maior ovación da tarde foi para a deportista viguesa Nerea Vila, quen por mor dunha doenza no se sistema vascular, ten que deixar a competición o mais alto nivel, quedando na historia da loita en Galicia como a primeira deportista en acceder o CGTD de Pontevedra no ano 2008, e sendo a primeira deportista galega en participar no Campionato de Europa Cadete de Loita Feminina no ano 2010 en Sarajevo (Bosnia-Herzegovina), acadando o 17º posto na categoría de 56kg.

Achegáronse a desfrutar da competición, e para colaborar na entrega de trofeos e agasallos Dona Marta Iglesias, Deputada Provincial e Don Daniel Benavides, Xefe do Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra.

Convocatoria Asamblea Extraodinaria

Nos seguintes links pódense consultar a convocatoria e a documentación referente ós distintos puntos do orde do día, para a Asamblea Extraordinaria que se celebrará o próximo 19 de decembro de 2011, na Sede da Federación.